CRTVG

Buscar

Galicia é a comunidade onde máis se reduciu o IPC, -0,4% respecto a xullo

Publicado o 13/09/2019 10:39

O abaratamento da electricidade e as rebaixas provocan a caída

Galicia é a comunidade onde máis se reduciu o IPC, -0,4% respecto a xullo

O Instituto Nacional de Estatística (INE) confirmou este venres que o índice de prezos de consumo (IPC) subiu en agosto o 0,3 % en comparación anual, dúas décimas menos respecto ao aumento de xullo e o incremento máis baixo desde setembro de 2016.

O abaratamento da electricidade foi o principal motivo do menor crecemento da inflación, no que tamén influíu a baixada de prezos dos carburantes e a menor subida dos servizos de aloxamento en plena campaña estival.

En comparación mensual, os prezos de consumo caeron en agosto unha décima respecto a xullo, debido tamén á baixada da luz e ás rebaixas de verán no vestido e calzado

Galicia é a comunidade na que máis se reduciu o IPC de forma interanual en agosto, o actual 0,1% son catro décimas menos que o 0,5% existente en  xullo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí