CRTVG

Buscar

O abandono de gatos e cans desborda protectoras e refuxios

Publicado o 20/08/2019 12:53

Son tres dos últimos rescatados e aloxados no refuxio de animais de Santiago. Chegaron en moi malas condicións e co biberón van saíndo adiante. Aquí hai 300 animais agardando que veñan persoas dispostas a adoptalos. Case hai tantos gatos como cans. Á parte dalgún caso puntual, no verán aumentan os abandonos, mesmo ás portas do refuxio.

Olalla García, directora do refuxio de animais de Bando, en Santiago fala cómo se encontraron de golpe con 38 gatos procedentes dun desafiuzamento e dun abandono onda o refuxio: "Unha gaiola máis ou menos deste tamaño que tiña 16 gatos dentro; 5 adultos e o resto, gatiños. Con iso xa se alcanzaba a cifra que adoita chegar nun mes. Houbo outro caso masivo,un desafiuzamento, pero isto xa foi distinto, chegaron outros 22 gatos de golpe, 22 adultos".

En xuño e xullo entraron aquí 135 animais, 34 estaban perdidos e os seus donos foron recuperalos e outros 21 conseguiron que alguén os acollera na súa casa. Significa que por un lado aumentou o abandono de animais e polo outro baixou o número de persoas dispostas a adoptalos. Por iso cobra forza o pedimento de responsabilidadade a quen ten gatos ou cans.

Olalla García, engade: "iso implica tamén evitar camadas non desexadas e que logo son abandonadas ou as deixan no refuxio. Entón, quen ten un animal ten que ser responsable, que esterilice as súas mascotas e evite que siga aumentando o número de abandonos, sobre todo de gatos".

No refuxio compostelán foise freando nos últimos meses a entrada de cans, pero como o abandono de gatos foi a máis, agora o problema de sobrepoboación está nos felinos, todos eles preparados para integrarse nunha familia interesada en coidalos.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/08/2019