CRTVG

Buscar

O 95 por cento dos galegos xa pode moverse por case todo o país

Publicado o 08/03/2021 15:33

O 95 por cento dos galegos xa poden moverse por case toda Galicia. As áreas sanitarias da Coruña e Pontevedra xa teñen libre mobilidade polos concellos que estean no nivel medio. Súmanse así á área de Ferrol, que xa abriu o venres pasado.

Tamén reabre o interor dos locais de hostalería. Dentro están ao 30 por cento e coas terrazas á metade. Os profesionais do sector agardan que todos, eles incluídos, cumpran as normas.

As autoridades sanitarias apelan á colaboración cidadá á hora de cumprir as medidas establecidas co ánimo de poder continuar coa boa evolución epidemiolóxica que está tendo a nosa comunidade.

Noticias web

08/03/2021