CRTVG

Buscar

O 40 % dos novos contaxiados en Israel xa estaban vacinados

Publicado o 22/06/2021 19:54
O 40 % dos novos contaxiados en Israel xa estaban vacinados

Preocupación en Israel pola variante delta do coronavirus, xa que un 40 % dos infectados estaban completamente vacinados. Un dos países que máis rapido vacinou e que eliminou a maioría das restricións ve agora como o 90 % dos novos casos pertencen xa a esta variante.

Os datos son aínda baixos, pero debido sobre todo a dous gromos en colexios reportaron onte máis de 100 casos, e por iso dende o Goberno recomendan vacinar canto antes na franxa entre os 12 e 15 anos.

Noticias web

22/06/2021