CRTVG

Buscar

O 90 % dos demandantes do ingreso mínimo vital seguen pendentes de resposta

Publicado o 04/09/2020 08:38

Segue o atasco na tramitación do ingreso mínimo vital. Case o 90 por cento dos expedientes acumulados desde o 15 de xuño aínda non tiveron resposta. Quedan once días para que caduquen as primeiras tramitacións, e hai máis de 600.000 demandantes pendentes da Seguridade Social. Conseguir unha cita nunha oficina é practicamente imposible. Os traballadores denuncian o colapso e piden máis persoal.

Noticias web

04/09/2020