CRTVG

Buscar

O 90% dos calcetíns para bebés conteñen restos tóxicos que poden provocar doenzas

Publicado o 01/05/2019 18:11

O 90 por cento dos calcetíns para bebés conteñen restos tóxicos que poden provocar doenzas, tanto nos pequenos como en adultos. Din os expertos que estes parebenos fan que a peza teña hormona femenina o que pode xerar certas disfuncións. Déficit de atención, hiperactividade e alteracións xenitourinarias en nenos, e hipotiroidismo, infertilidade e ata cancro, en adultos.

Nove de cada dez calcetíns para bebés conteñen restos de bisfenol-A e parabenos, dous produtos tóxicos cunha actividade hormonal que pode provocar graves doenzas en nenos e adultos. Son datos dunha investigación conxunta da Universidade de Granada, do Instituto de Investigación Biosanitaria e do Hospital Clínico San Cecilio. É pioneira en Europa, e revela que os téxtiles poden expoñer os bebés a contaminantes químicos, que varían en función da marca comercial.

Este alto contido tóxico, din os expertos que fai que os calcetíns teñan hormona feminina e antagonicen coas masculinas, o que pode xerar disfuncións pola exposición a disruptores endócrinos. Déficit de atención e hiperactividade, alteracións xenitourinarias, desenvolvemento sexual secundario prematuro en nenos, mentres en adultos pode causar hipotiroidismo, infertilidade, diabetes ou cancro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/05/2019