Telexornal Serán
O 86% dos empresarios galegos prevé incrementar vendas este ano, segundo un informe da CEOE
Publicado o 05/03/2018 21:13
O 86 por cento dos empresarios galegos prevé incrementar vendas este ano, segundo un informe da consultora KPMG e a Confederación Española de Organizacións Empresariais. O estudo tamén conclúe que a metade dos empresarios ten previsto aumentar en 2018 o seu cadro de persoal, e sete de cada dez realizarán investimentos nos seus negocios, sobre todo en tecnoloxía. Segundo o informe, a economía galega "ten un crecemento sostido, aínda que lixeiramente por baixo da media española".