CRTVG

Buscar

O 85 por cento das 1.600 prazas que vai convocar Educación serán de novo ingreso

Publicado o 13/04/2021 16:43
O 85 por cento das 1.600 prazas que vai convocar Educación serán de novo ingreso

Educación convocará 1.600 prazas nas oposicións de 2021. O 85 % destes postos serán de novo ingreso. Así, entre o ano pasado e este, a Xunta sacará a oposición preto de 5.500 prazas. As probas realizaranse en 2022.

Anunciouno o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez Bértolo, na mesa sectorial docente non universitaria.

Noticias web

13/04/2021