CRTVG

Buscar

O 83% da poboación española quere vacinarse

Publicado o 18/02/2021 12:29
O 83% da poboación española quere vacinarse

O 82,9 % da poboación española está disposta a vacinarse contra a covid-19. Son dez puntos máis que hai un mes (72,5 %), segundo o último barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas de febreiro.

A sondaxe, realizada entre o 3 e o 11 de febreiro sobre unha mostra de case 4.000 entrevistas, tamén reflicte un acusado descenso das persoas contrarias á súa administración. Arestora, representan un 6,5 %, fronte ao 16,5 % de xaneiro.

A razón maioritaria do rexeitamento é, no 31 % dos casos, a desconfianza nos fármacos. A continuación, no 18,5 %, sitúanse os riscos para a saúde ou os efectos secundarios colaterais.

No que ten que ver coa política, o barómetro de febreiro do CIS mantén o PSOE como primeiro partido. Aumenta en case 12 puntos a súa vantaxe sobre o PP, que segue sendo a segunda forza en intención de voto.