CRTVG

Buscar

O 80 por cento da produción de cogomelos expórtase a outros países

Publicado o 15/10/2019 21:01

Días de intenso traballo nas instalacións desta empresa comercializadora de cogomelos de Vilalba. Non paran de chegar veciños cargados coas caixas de fungos que veñen de recoller. Case todos son exemplares de boletos, que nestas alturas do outono alcanzan o seu momento forte de produción.

Luz Divina Castelo, xerente de Champivil: "Agora temos boletus edulis e de cantharellus cibarius, e tamén temos algo de cogomelo de inverno, de cantharellus tubiforme e de lingua de vaca. Non é moita cantidade pero temos de todo. A calidade, agora que coas augas enfriou a terra, empeza a ser bastante boa". "Hai poucas e non son cousa doutro mundo. A auga é quen as fai boas". "É de segunda todo, pero, de momento, moi ben".

O prezo dos boletos en orixe é de entre seis e oito euros o quilo, un importe que pode multiplicarse por cinco cando o produto chega ao consumidor final. O 80 por cento expórtase, sobre todo a Francia e mais a Italia.

Luz Divina Castelo, xerente de Champivil: "Arestora o prezo é baixo porque hai cogomelos en Portugal, en Francia, en Italia... Choveu todo ao mesmo tempo e este ano están brotanto en todas as partes. Cando iso pasa, o produto fresco leva un prezo menor porque hai moitísima cantidade".

Os 70 por cento dos cogomelos que se recollen van destinados ao consumo en fresco.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/10/2019