CRTVG

Buscar

O 80 % dos alumnos de FP en Galicia atopan traballo

Publicado o 28/01/2019 15:24

O número de alumnos de FP en Galicia medrou máis dun 45% na última década. Hoxe hai máis de 51.000 matriculados e unha oferta de 146 títulos formativos en todo tipo de sectores, sobre todo nos que fan falta máis traballadores.

As ramas tecnolóxicas, como a informática ou a robótica, son as que máis saída teñen na actualidade. Pero segue habendo demanda de postos clásicos como o de persoal administrativo ou sanitario. Tamén está en auxe a FP dual que combina os estudos co traballo en empresas estratéxicas da madeira, o motor ou a pesca.

Se queren cursar os ciclos superiores da FP e non teñen a titulación están a tempo de intentalo. Desde hoxe ata o 8 de febreiro está aberto o prazo de inscrición nas probas de acceso.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/01/2019