CRTVG

Buscar

O 80% da industria arxentina estafa os consumidores a través da "reduflación"

Publicado o 06/03/2018 15:09

Segundo un informe do Instituto de Estudos de Consumo Masivo da Arxentina, un 80% da industria dese país estafa os consumidores a través da 'reduflación', unha práctica habitual para disfrazar a inflación e que consiste en reducir a cantidade de mercadoría por envase mentres os prezos se manteñen ou aumentan. A entidade reclama unha lexislación máis contundente que poña fin a este engano visual. 

O arxentinos están afeitos a combater a inflación e as reviravoltas da súa economía, pero agora teñen un novo inimigo: a 'reduflación'. Un engano visual nos envases de moitos produtos co que os consumidores se atopan cada vez que van facer a compra a un supermercado. 

Un informe revelou que o 80% da industria do país suramericano aplica esta sutil redución de contido nos envases como unha manobra para soster as ganancias ante a caída das vendas. 

Por iso queren sentar o debate para que esta práctica se tipifique como publicidade enganosa, pois considérana unha estafa, ante a que a lexislación arxentina debe ser máis contundente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/03/2018