CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

O 8 de setembro, día de romarías en Galicia para honrar a Virxe dos Milagres

Publicado o 08/09/2016 21:46





Oito de setembro, día de romarías por todo o país. Tradición e devoción que reúne unha gran cantidade de feis.

Centos de devotos congregáronse hoxe no concello ourensán de Baños de Molgas para honrar a Virxe dos Milagres. Ata o santuario do monte Medo achégase tamén moita xente peregrinando durante quilómetros.

A devoción á Virxe dos Milagres tamén chega a Caión, na Coruña, onde a tradición se remonta a tres séculos atrás. A virxe foi trasladada desde a igrexa parroquial ata este santuario para que a imaxe reciba as ofrendas dos fieis durante toda unha semana.

Ata 100.000 persoas poden peregrinar a Caión durante toda esta semana.

E na Cañiza, en Pontevedra, festexan tamén a romaría de verán da Virxe da Franqueira. A curiosidade é que a Virxe sae en procesión nun carro de labranza tirado por bois. A continuación contémplanse as danzas e o drama da loita do moro e do cristián.

Despois de cumprir coa parte máis relixiosa, cómpre coller folgos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

08/09/2016