CRTVG

Buscar

O 75% dos cidadáns multaría por non usar máscaras

Publicado o 13/07/2020 19:15
O 75% dos cidadáns multaría por non usar máscaras

Tres de cada catro españois defende que se multe aquelas persoas que non leven máscara ou non respecten a distancia de seguridade nos lugares públicos onde é obrigatorio. Segundo unha enquisa do CIS, só o 22 por cento cre que é suficiente confiar en que os cidadáns cumpran as normas de xeito voluntario.

O oitenta por cento dos enquisados considera que durante a desescalada foron moitos os que saltaron as normas. Nove de cada dez di estar preocupado pola crise sanitaria, aínda que só a metade teme enfermar polo coronavirus. Son un chisco máis os preocupados polas consecuencias da crise na saúde das persoas sobre os preocupados polas repercusións económicas.





 

Noticias web

13/07/2020