CRTVG

Buscar

O 75 % dos autónomos e pemes non se beneficiarán da rebaixa do IVE da luz

Publicado o 24/06/2021 15:38

Cunha potencia contratada de ata 10 quilowatts, a rebaixa do IVE a luz só afectará unha cuarta parte do consumo eléctrico estatal, deixando fóra dese desconto a maioría de pemes e autónomos.

Dende o Instituto Complutnese de Estudos Internacionais, aseguran que "temos un 25-30 por cento de pequenas empresas nas que o consumo de enerxía é bastante intensivo e un 50 por cento de grandes empresas para as que a electricidade é un factor de produción de primeiro nivel".

Autónomos e pequenas empresas para os que a electricidade representa case o 40 por cento dos gastos da súa actividade e non poden contratar menos potencia nos seus negocios. Aínda así, o groso do consumo en España fano as grandes empresas, que tamén seguirán soportando un IVE do 21 por cento. As compañías advirten que o incremento das tarifas eléctricas repercute en toda a cadea produtiva e, por tanto, no produto final que chega ao consumidor.

A rebaixa do IVE prolongarase ata finais de ano, pero din dende as asociacións de consumidores que só se paliará parte da suba, que xa se está a notar nos recibos mensuais. A única medida que beneficia a todos os consumidores é a supensión temporal durante o terceiro trimestre do imposto á produción de electricidade. Pero a súa repercusión será mínima, arredor dun 2 por cento.

Noticias web

24/06/2021