CRTVG

Buscar

O 70% dos taxis de Vigo xa puxo a nova bandeira nos capós

Publicado o 13/02/2018 14:26

 

A nova imaxe dos taxis de Vigo coa bandeira da cidade no capó está a ser un éxito entre taxistas e usuarios. O setenta por cento dos vehículos xa puxo a bandeira, mesmo antes de que a imaxe nova sexa obrigatoria.

O que queren é evitar o intrusismo e darlles maior visibilidade aos coches.

A bandeira de Vigo xa loce no 70 % dos capós dos taxis da cidade. A nova imaxe conseguiu o obxectivo de diferenciarse do resto dos taxis metropolitanos. Tamén lles dá maior visibilidade.

A idea xurdiu no seo do sector e ten un custo de só trinta euros. Á maioría dos vigueses cos que puidemos falar gústalles a nova imaxe.

Venlle ademais outra vantaxe.

Os taxistas de Vigo dispuxeron de tres meses para ir colocando o vinilo, e foron facéndoo gradualmente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2018