CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

O 70% dos nenos españois comen cunha pantalla diante

Publicado o 18/10/2016 21:30

O setenta por cento dos nenos españois comen cunha pantalla diante. Iso que implica? Non socializar coa familia, pero tamén non mastigar ben e non beber o necesario. Os expertos din tamén que a longo prazo poden aparecer doenzas non desexadas.

O estudo reflicte que sete de cada dez nenos españois comen ao mesmo tempo que ven a tele ou manipulan unha pantalla táctil. O informe especifica que o 5% faino sempre, o 20% habitualmente e o 45% ás veces.

Todo isto, de xeito desproporcionado, vincúlase co sedentarismo e provoca unha alimentación desequilibrada. Situacións que atopamos acotío.

Pero hai solución para lograr que o tempo, á hora de xantar, sexa de calidade.

Lembren que un abuso destas prácticas pode desembocar en doenzas como a diabetes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

18/10/2016