O 7 de xullo celebrarase a vista de apelación polo caso de Ana Enjamio
Publicado o 23/06/2020 13:30
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeitou a recusación de dous dos xuíces que participarán na vista de apelación do crime de Ana Enjamio. Unha vista que xa ten data, será concretamente o 7 de xullo.
O avogado do condenado, César Adrio, recusara dous maxistrados do tribunal, ao considerar que están contaminados porque xa resolveron o recurso sobre esta mesma causa.
Adrio fora declarado culpable por un xurado e condenado a 30 anos de cárcere por asasinar a coiteladas a Ana Enjamio no portal da súa casa, o 16 de decembro de 2016, trras sometela a un constante acoso durante meses.