O 69% dos autónomos cren que os prexudicará a suba do salario mínimo
Publicado o 09/01/2020 14:50
Sete de cada dez autónomos cren que outra suba do salario mínimo este ano prexudicaría os seus negocios, segundo un informe realizado con máis de 1.200 enquisas. Lembran que a ese soldo aínda hai que sumarlle os custos da Seguridade Social e cren que aumentará a economía somerxida.
E iso nun contexto xa pesimista onde o 80% dos enquisados responderon que non prevén contratar a ninguén este ano. Píndenlle ao goberno que xenere confianza con moderación e estabilidade.
O barómetro tamén conclúe que a maioría dos autónomos xa non teñen problemas de financiamento pero si continúa sufrindo atrasos nos pagamentos.
Máis sobre actualidade
17/01/2021 10:14