CRTVG

Buscar

Máis do 60 % da poboación galega ten a pauta de vacinación completa

Publicado o 25/07/2021 13:47

Deste xeito foi medrando a curva positiva nos últimos meses, a curva da vacinación, desde que Nieves Cabo recibira a primeira dose en Compostela o 27 de decembro de 2020.

É un 67 % da poboación galega vacinada. Case tres millóns e medio de doses administradas. Un 76 % ten posta a primeira dose e o avance continuará nas vindeiras semanas cos grupos poboacionais de menores de 30 anos.

Con máis mulleres ca homes vacinados e uns números que case dobran en xénero na franxa entre 80 e 90 anos, o grupo máis numeroso de vacinas foi para o segmento que vai dos 40 aos 49 anos, con máis de 400.000 persoas.

Co procedemento para solicitar a cita en marcha, existe tamén a posibilidade de concertar unha nova quenda para os casos que perderan a vez durante estes meses.

Noticias web

25/07/2021