CRTVG

Buscar

O 5G e a intelixencia artificial marcan as novidades de WMC

Publicado o 25/02/2019 20:12

O World Mobile Congress abriu oficialmente hoxe as súas portas. Tres xornadas en que Barcelona se converte no maior expositor dos avances en comunicacións sen fíos e móbiles marcadas este ano pola tecnoloxía 5G e a intelixencia artificial.

As marcas de terminais móbiles amosan aquí as súas evolucións. Como Samsung, que xunto ao Galaxy S10 presenta o Galaxy A50, un móbil con tripla cámara, unha delas de 25 megapíxeles. A cámara tamén é o punto forte do Blade V10 que presenta ZTE, cunha óptica para autofotos de 32 MP. A mesma marca presenta tamén o Axon 10 Pro cunha versión 4G e outra compatibe con 5G.

Precisamente na tecnoloxía 5G baséase unha das inicativas máis innovadoras presentada hoxe. Un dron pioneiro na loita contra os incendios equipado con sensores a bordo, cámaras de alta resolución e cámaras termográficas. Un instrumento capaz de capturar, procesar e transmitir vídeo en alta resolución, con imtecnoloxía 5G e intelixencia artificial aplicada a tamen a ambulancias que poderán recibir apoio especializado a distancia e con vídeo de alta definición mentres se atende o paciente dentro do vehículo en tempo real.O sector da automoción non quere quedar á marxe. SEAT presentou o Minimó, un microvehículo inxenierizado para a mobilidade urbana.

Novidades que, en breve, poderemos ver xa no mercado.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/02/2019