CRTVG

Buscar

O 470 de Nico Rodríguez pon a directa e ascende á segunda posición

Publicado o 01/08/2021 06:41
O 470 de Nico Rodríguez pon a directa e ascende á segunda posición

Xornada chave para a modalidade do 470 en vela. Logo dun comezo de competición irregular, o barco español formado polo vigués Nico Rodríguez e Jordi Xammar puxo a directa. 

Comezaba a xornada no sexto posto da xeral e na regata número 7 da competición demostrou as súas intencións ao remataren no terceiro posto por detrás de Suecia e os imparables australianos co que xa se metían en praza de podio. 

A segunda regata tamén foi dun rendemento moi regular por parte da parella española. Australia (Belcher/Ryan) está a outro nivel e, agás hecatombe, vai levar o ouro e xusto por detrás deles apareceu o 470 de Nico para sumar un segundo posto na regata e facerse coa prata provisional.

Quedan dúas regatas e a Medal Race. Australia encabeza a clasificación con 14 puntos. España é segunda con 33 e hai empate entre Suecia e Gran Bretaña (37) na loita polo bronce.