CRTVG

Buscar

O 45% dos galegos teñen limitado o movemento, como mínimo, ata o martes

Publicado o 31/10/2020 20:18

O Diario Oficial de Galicia fixou na súa edición deste sábado novas restricións específicas para Ferrol, Narón, Fene, Neda, Ames, Teo e Vimianzo. Entran en vigor esta medianoite. Implican que non se pode consumir no interior dos bares e limita á metade a ocupación de terrazas.

Iso será a partir desta medianoite, pero desde onte ás 3 da tarde hai máis dun millón de galegos que teñen restrinxida a súa mobilidade. 23 concellos, entre eles as sete cidades grandes, están pechados perimetralmente. É unha medida para conter o avance do virus nunha fin de semana en que habitualmente hai un volume importante de desprazamentos polo día de Todos os Santos.

Noticias web

31/10/2020