CRTVG

Buscar

O 44 % da poboación engordou entre un e tres quilos durante o confinamento

Publicado o 22/07/2020 21:38

O aburrimento, a ansiedade e as comidas máis frecuentes durante o confinamento semellan ser os culpables do aumento de peso do 44 % da poboación. Así o reflicte un estudo realizado pola Sociedade Española de Obesidade. A maioría das persoas entrevistadas neste traballo admite que engordou entre un e tres quilos durante o tempo que tivemos que estar na casa.

Pero si, hai quen non aumentou de peso durante o confinamento, ben porque coidou a súa alimentación ou ben porque puido facer algo de exercicio.

E isto é precisamente o que recomendan os especialistas para perder eses quilos de máis collidos durante o confinamento. Camiñar unha hora ao día e fuxir dos alimentos ricos en azucre a graxas.

Pablo Vidal Ríos, endocrino: "Isto é unha balanza, o que come e o que un gasta e aínda por riba se fai 'cociniñas' e non sei que, a cousa foi terrorífica. Os consellos, en realidade para recuperar iso a xente xa están concienciada, xa pode saír, entón hai que recuperar a vida activa porque iso foi un sedentarismo moi grande".

Tamén recomendan reducir ao máximo ou evitar as bebidas alcólicas. Segundo o estudo, o consumo destas bebidas incrementouse notablemente durante o confinamento.

Noticias web

22/07/2020