CRTVG

Buscar

O 43% dos polígonos marisqueiros de Galicia están pechados

Publicado o 20/03/2019 16:05

O peche afecta a totalidade das rías de Pontevedra e Muros, a boca da de Vigo, os tres polígonos de Meloxo, na Arousa, e os polígonos de Corme e Baiona. O Intecmar detectou os primeiros casos positivos de toxina lipofílica a principios de marzo e controla diariamente a súa evolución nos polígonos bateeiros.

A toxina non afecta do mesmo xeito a ameixa e o berberecho. Os índices máis altos de toxicidade detectáronse nestes bivalvos o venres pasado pero estaban por debaixo dos límites fixados polo Intecmar. Así e todo, en Noia pararon un par de días como medida cautelar.

A campaña remata aquí en poucos días, o 28 de marzo, e confían en que a toxina se manteña a raia para culminar con éxito a que xa é unha das mellores campañas que lembran. Xa teñen a vista posta na campaña de setembro, coa confianza de seguir na mesma liña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2019