CRTVG

Buscar

O 41 % de autónomos subvencionados darase de baixa cando rematen as axudas

Publicado o 12/04/2021 15:20

A Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos (ATA) alerta do impacto que suporá a fin da prestación polo cesamento de actividade, prevista para o vindeiro 31 de maio.

Estima que suporá o peche de 193.000 negocios. O 41 % das persoas que se benefician das axudas do Goberno din que se darán de baixa se non se prorrogan.

ATA cifra en 75.000 millóns de euros as perdas dos autónomos dende o inicio da pandemia. O barómetro da federación reflicte que a metade deles segue traballando ao 50 % polas restricións, e uns 350.000 aínda manteñen pechados os seus negocios.

Noticias web

12/04/2021