CRTVG

Buscar

O 40% dos policías carecen de chaleco antibalas, segundo o SUP

Publicado o 11/11/2019 14:51

O 40% dos axentes da Policía Nacional carece de chaleco interior antibalas, segundo o Sindicato Unificado de Policía. O SUP de Galicia denuncia que o corpo está infradotado, que a Administración non lles porporciona formación, que non sempre se cobren as prazas dos policías que se xubilan e que ás portas do ano 2020 carecen de pistolas eléctricas, porras extensibles e ferramentas que lles permitirían actuacións seguras e proporcionadas en moitas actuacións na rúa.

Segundo o sindicato, só en Galicia hai uns 900 ou 1.000 axentes sen chaleco antibalas.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/11/2019