CRTVG

Buscar

O 3D galego viaxa a Tunisia para darlle vida virtual a algunhas das cidades máis emblemáticas do país

Publicado o 14/08/2019 19:33

Unha empresa ourensá de deseño en 3D será a encargada de darlle vida virtual a algunhas das cidades máis emblemáticas de Túnez. Trasladan alí o seu estudo desde Galicia para por en marcha ademais unha escola de deseño para futuros profesionais do sector. Un proxecto no que conxugan historia e tecnoloxía para axudar a difundir o seu patrimonio cultural. 

Foi aló polo comezo dos noventa cando Sergio, daquela estudante de historia, empezou a traballlar no deseño en 3D. Unha tecnoloxía que non deixou de medrar e perfeccionarse nas últimas décadas. A día de hoxe resulta difícil imaxinar algo que quede fóra do seu alcance.


Recentemente o goberno de Túnez ofreceulle a posibilidade de conxugar as súas paixóns, a historia, a arqueoloxía e o deseño en 3D. Traballará para darlle vida a algunhas das cidades máis emblemáticas do país a partir dos seus proxectos. A primeira será Dougga.

Outra das cidades máis recoñecibles de Túnez, Sidi Bou Said, acollerá ademais outra parte importante do proxecto: un centro de formación para futuros profesionais do sector.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/08/2019