CRTVG

Buscar

O 36% dos españois aceptaría un referendo en Cataluña

Publicado o 21/11/2019 19:11

O 36% dos españois estaría de acordo con que os cataláns votasen para decidir que relación queren ter co resto de España. Entre os cataláns, o apoio ao referendo sobe ata o 70%.

Outro dato: 2 de cada 3 españois apostan polo diálogo para resolver o conflito con Cataluña. Deles, case a metade quere que sexa dentro da Constitución, e só un 21% aceptaría unha negociación sen límites.

Son algúns dos datos dunha enquisa do Centro de Estudos de Opinión da Generalitat, feita maioritariamente antes da sentenza do procés.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/11/2019