CRTVG

Buscar

Un de cada tres galegos prefire Internet para solicitar unha cita en atención primaria

Publicado o 17/03/2019 20:53

Case un 33 por cento dos galegos xa prefire usar a Internet para solicitar unha cita en atención primaria, fronte ao 27,6 por cento da media do Estado, unha porcentaxe superior en algo máis de cinco puntos.

Así se desprende dos datos do barómetro sanitario correspondente ao 2018 publicado polo Ministerio de Sanidade.

O 17 por cento dos galegos enquisados manifesta que foi atendido polo seu médico de cabeceira o mesmo día que pediu a cita. Preto do 47 por cento cre que existe unha boa ou moi boa coordinación entre o médico de primaria, o especialista e o ingreso no hospital, tres puntos máis ca na media do estado.

Noticias web

17/03/2019