CRTVG

Buscar

O 3 de maio entrará en vigor a nova normativa de postos de praia

Publicado o 22/04/2019 16:22

A partir do tres de maio, todas as praias galegas poderán contar cun destes establecementos. A nova regulación vai determinar que establecementos se poden instalar en cada areal en función dos tipos de praia, natural ou urbana.

Por primeira vez, ábrese a porta a que se establezan estes locais en praias naturais, pero terán restricións: só se permitirán infraestruturas desmontables cunha superficie máxima de 70 metros cadrados, que poderán funcionar entre maio e outubro.

Nos areais urbanos, os postos poden pasar dos 150 metros cadrados actuais aos 300. A distancia entre os establecementos deberá ser dun mínimo de 150 metros.

Noticias web

22/04/2019