CRTVG

Buscar

O 28 de setembro empeza unha campaña para recoller lixo nas praias

Publicado o 14/09/2018 15:27

Ponse en marcha unha nova fase da campaña de recollida de lixo na natureza, ou, como din os organizadores, 'basuraleza'.

Nesta ocasión a recollida vai ser en praias, costa e zonas fluviais. Será entre o 28 de setembro e o 7 de outubro e os voluntarios poden apuntarse na web do programa Libera, en que colaboran Xunta e Ecoembes. Este programa pretende non só limpar, senon amosar e clasificar o lixo que se tira e chegar ata os causantes. En ano e medio recolléronse 145 toneladas de residuos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018