CRTVG

Buscar

O 27,4 por cento da xente nova ve 'normal' a violencia machista na parella

Publicado o 14/11/2017 09:03

Datos moi inquietantes sobre a violencia machista e a xente nova. Mais dun 27% de persoas entre os 15 e os 29 anos cren que a violencia machista é  "algo normal" na parella. O 31% din que é un problema que aumenta progresivamente por culpa da poboación inmigrante.

Son conclusións dunha enquisa realizada entre máis de 1.200 adolescentes. A maioria pensa que é un tema politizado que se esaxera. Segundo o Centro Raíña Sofia, que elaborou a enquisa, este tipo de opinións son máis frecuentes entre os varóns, e nos niveis de estudos inferiores. O dato positivo é que o 87% recoñece que se trata dun problema social moi grave.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2017