CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

O 23% da poboación practica 'running' polo menos unha vez á semana

Publicado o 16/04/2018 10:19

O 'running' segue sendo tendencia. En 2017 houbo máis de tres mil cincocentas carreiras populares en España e, segundo datos do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, máis do 20% da poboación corre polo menos unha vez á semana. Outra proba, máis de dous mil deportistas tomaron esta mañá a saída no maratón da Coruña.

Dúas horas e vinte e dous minutos precisou o ecuatoriano Manuel Cañar para completar o maratón Coruña 42.

Foi o vencedor dunha proba extremadamente esixente na que estaban inscritos uns oitocentos atletas. Paralelamente, arredor de mil cincocentas persoas correron os dez quilómetros da carreira popular.

O número de participantes medra edición tras edición, unha tendencia que se repite nas máis de 3.500 carreiras populares que se organizan cada ano en España.

En probas de longa distancia coma este maratón, equipos de podólogos e de fisioterapia atenden os corredores cando cruzan a liña de meta.

Constatan que moitos corredores participan sen unha preparación e unhas condicións físicas axeitadas. O negocio arredor do 'running' factura máis 300 millóns de euros ao ano en España.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí