CRTVG

Buscar

O 2018 deixou polo menos 273 crimes machistas na Arxentina

Publicado o 08/03/2019 10:02

O 2018 deixou alomenos 273 crimes machistas na Arxentina segundo acaba de anunciar en Bos Aires a asociación Casa del Encuentro, co apoio da ONU. Datos estremecedores e que deixan unha vítima cada 32 horas. Para que se fagan unha idea da magnitude do problema, en España en todo o ano pasado rexistráronse 47 mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas.

Aínda así, os impulsores deste estudo amósanse sorprendidos porque, por primeira vez en once anos rexistraron un pequeno descenso no número de vítimas. Ada Rico, presidenta Casa del Encuentro: "Lo más sorprendente es que haya descendido, porque todos estos años teníamos una mujer (asesinada) cada 30 horas, y esta vez, por primera vez, monitoreamos una mujer cada 32 años. Y esto es importantísimo".

Os datos foron recopilados en 120 medios de comunicación do país para combater a falta de cifras oficiais e deixan claro que o fogar é o lugar onde máis inseguras están as mulleres arxentinas. Ahí prodúcense máis do 60 % dos crimes a mans de homes do seu círculo íntimo. Dende Casa del Encuentro valoraron os logros obtidos no país, como axudas económicas para os fillos das vítimas, pero reclamaron que a sociedade no seu conxunto tome a violencia contra as mulleres como unha prioridade para pór fin a este flaxelo.


 

 

Noticias web

08/03/2019