CRTVG

Buscar

O 2017 foi un ano de récord na produción de cereais na Arxentina, un gran exportador

Publicado o 04/03/2018 21:27

O grande exportador de grans do mundo, a Arxentina produce alimentos para 10 veces a súa poboación. Un dato que deixa ao descuberto o mal reparto da riqueza no país austral, onde un 31.4 % da súa poboación vive por debaixo do limiar da pobreza.

A Arxentina é coñecida históricamente como o celeiro do mundo, por ser un país agroexportador. O 2017 foi un ano de récord na produción de grans con 137 millóns de toneladas, o que supón un 5% do total mundial. 

O certo é que o agro sempre foi o motor e o sostén da súa economía. O paradoxo está en que nun país con case 45 millóns de habitantes, que produce alimentos para 400 millóns de persoas, un 31,4 % dos seus habitantes viven por debaixo da liña da pobreza. 

As organizacións sociais remarcan que o problema é a distribución da riqueza porque a produción de alimentos medra ano a ano. 

A situación máis alarmante vese nas provincias do norte, e na de Bos Aires, a máis poboada do país, e sófrena especialmente os máis cativos. 4 de cada 10 están malnutridos. 

Hoxe, quedan lonxe aquelas escenas que contaba a emigración con contedores de lixo cheos de comida intacta porque as materias primas arxentinas mércanas maiortiariamente A China e O Brasil. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/03/2018