CRTVG

Buscar

O 26% dos españois queren un pacto PSOE-Podemos, un 20% optan por un goberno socialista en solitario

Publicado o 10/07/2019 20:39

• O estudo realizouse antes das eleccións europeas, municipais e autonómicas do 26 de maio

A sondaxe realizouse entre o 10 e o 25 de maio, nas semanas intermedias entre as dúas citas electorais. Case sete de cada 10 entrevistados aseguran que votaron nas xerais por convicción, e entre os indecisos, o 27 por cento din que foron ás urnas para evitar que gañaran partidos de dereitas.

 O 26,4% queren un goberno do PSOE con Podemos

Canto ás alternativas para formar goberno, o barómetro do CIS revela que as opcións están muy divididas. A máis apoiada, cun 26 por cento, é un executivo de coalición entre PSOE e Unidas Podemos, pero fragmentados entre dúas fórmulas. Case un 16 por cento queren que sexa con partidos nacionalistas non independentistas e as abstencións necesarias, mentres que un 10 por cento si queren sumar os apoios dos separatistas. A segunda opción con máis apoios, dous de cada dez, é a dun Goberno socialista en solitario. E un 16 por cento apostan por un executivo do PSOE con Ciudadanos.

 Sánchez é o único aprobado, Abascal, o peor valorado

Canto á valoración dos líderes, o CIS sitúa a Pedro Sánchez como único aprobado. Albert Rivera obtén un 4,2, unha décima máis que Pablo Iglesias. Pablo Casado recibe un 3,6 e o peor valorado é Santiago Abascal, cun 2,8.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí