CRTVG

Buscar

A sentenza dos ERE coñecerase o próximo martes 19

Publicado o 13/11/2019 08:32

Xa hai data para a sentenza dos ERE de Andalucía. Será o próximo martes. A Audiencia de Sevilla citou ese día os acusados para comunicarlles a resolución xudicial. Son 21 ex-altos cartos da Junta, entre eles os ex-presidentes Chaves e Griñan.

O xuízo da peza política desta macrocausa por corrupción quedou visto para sentenza en decembro do ano pasado. Estaba a piques de vencer o último prazo que lle deran ao xuíz encargado do caso para facer público o ditame.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2019