O 18 de setembro comezan as oposicións convocadas polo Sergas
Publicado o 03/09/2021 15:01
Acaban de publicarse as datas para as oposicións á sanidade galega. Os primeiros exames terán lugar o vindeiro 18 de setembro. Todas as probas terán lugar no recinto feiral de Silleda e desenvolveranse entre o vindeiro 18 de setembro e o 24 de outubro.
É o proceso selectivo para o acceso a 48 categorías da facultativos especialistas de área e técnicos sanitarios. Entre elas, hai 892 de médico de diferentes especialidades e 89 de facultativo de urxencias hospitalarias. En total hai inscritos 8.812 aspirantes para 1.311 prazas.