CRTVG

Buscar

O 14-F estase a celebrar con "plena normalidade" e o 100 % das mesas constituídas

Publicado o 14/02/2021 14:39

Ás oito da mañá comezaba a constitución das mesas e ás nove abrían os colexios electorais con medidas de seguridade e hixiene excepcionais.
A Generalitat defende que estes comicios se están a desenvolver "con plena normalidade" e admite pequenas incidencias e demoras.
Nalgúns colexios os vogais queixábanse do atraso na chegada do material de protección.

Durante toda a mañá podiamos ver longas ringleiras ás portas dos centros de votación, moitos seguían as recomendacións das franxas horarias establecidas para os grupos de risco.
Entre votantes e apoderados tamén atopamos algún galego.
"Algunha xente ten medo por ser de grupo de risco pero hai bastante xente"

Ás dez da mañá a porcentaxe de constitución das mesas electorais estaba no 97,45 por cento. O conselleiro de Acción Exterior, Relacións Institucionais e Transparencia celebraba que os datos foran similares aos dos comicios do 2017. Unha hora e media despois xa estaban consituídas o 100 por cento das mesas.
Unha situación "moi positiva", din desde o Goberno catalán, tendo en conta a complexidade de organizar uns comicios en pandemia.
Pola mañá chegaban aos colexios os votos por correo. Votaron por adiantado unhas 265.000 persoas, ese voto masivo podería atrasar o reconto.

 

Noticias web

14/02/2021