CRTVG

Buscar

O 112 xestionou máis de 200.000 incidencias en 2019

Publicado o 14/02/2020 16:01

Preto dun millón de chamadas se reciben cada ano no centro do 112 da Estrada, das que unha de cada catro deriva en situación de emerxencia.

No ano 2019 xestionáronse 233.000 incidencias, que na maioria dos casos necesitaron mobilizar varios recursos.

Santiago Villanueva, director xeral de Emerxencias: "A época do ano onde hai máis chamadas, e como consecuencia maior número de mobilizacións e maior número de incidencias, corresponde ao período onde a comunidade autónoma ten un maior número de persoas residindo".

Isto é os meses de verán e a Semana Santa. Case o 30 por cento de todas as chamadas xestionadas polo centro corresponde a casos sanitarios, seguidos polos de seguridade pública, os relacionados coa fauna e os accidentes de tráfico e outros incidentes en estradas.

Marcos Araújo, xerente da Axencia Galega de Emerxencias: "Atendemos máis incidencias con menos chamadas, iso dá fe de que os cidadáns galegos teñen máis conciencia do bo uso do 112".

Oito de cada dez chamadas realizadas ao 112 fixéronse desde teléfonos móbiles e a maioría desde algún lugar das provincias da Coruña e Pontevedra.

Noticias web

14/02/2020