CRTVG

Buscar

O 112 recibe menos chamadas e máis incidencias

Publicado o 11/02/2019 15:01

Os preto de 70 operadores do 112 Galicia atenderon o ano pasado 970.00 chamadas, das que a maioría se resolveu por teléfono. O servizo xestionou 230.000 emerxencias que precisaron mobilizar bombeiros, Protección Civil ou sanitarios. O 31% estaban relacionadas con prevención de riscos, extinción de incendios, salvamento e rescates. Un 30% precisaron asistencia sanitaria e o resto foron chamadas que alertaban de animais soltos nas estradas, niños de avespas, seguridade cidadá e accidentes de tráfico.
Nos últimos anos tende a diminuír o número de chamadas e aumenta a porcentaxe das que realmente son urxencias.

"Cada vez temos menos chamadas e igual número ou máis de incidencias. Isto quere dicir que o cidadán fai un uso máis eficiente do número, do 112", di Marcos Araújo, xerente da Axencia Galega de Emerxencias.

O 2018 foi ademais un ano de grandes emerxencias, entre elas a explosión dunha pirotecnia en Tui, Pontevedra, que mobilizou bombeiros, Garda Civil e sanitarios, e o afundimento dunha plataforma durante o festival do Marisquiño en Vigo, que obrigou a un similar despregamento de equipos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2019