O 100 % dos centros de día de Galicia estarán operativos en semanas
Publicado o 06/06/2021 15:00
Distancia, distancia e distancia, esa é a gran clave do novo tempo nos centros de día. Aquí retirouse mobiliario e converteuse a cafetería nunha sala de reunións.
Tamén está separada a entrada de subministración, e crearanse grupos burbulla para que os que comparten transporte coman xuntos; este centro conta tamén cunha zona de illamento por se aparece un positivo ou un sospeitoso. Son algúns dos requisitos que esixe a Administración galega tras a pandemia.
Tamén se sacou do ximnasio algún aparello para desconxestionar, e as cabinas de tratamento son individuais.
Polo de agora son trinta os usuarios que comezarán o mércores, todos vacinados, pero o centro ten capacidade para 80.