CRTVG

Buscar

O 10% dos galegos padece dislexia, un trastorno que debe atallarse antes dos 8 anos

Publicado o 18/11/2018 13:10

Ler dando tombos, confundir as letras, escribilas desde outra perspectiva ou non entender as horas do reloxo. Eses son algúns dos síntomas da dislexia; un trastorno da lectura que ralentiza a aprendizaxe dos nenos que o padecen, que por certo teñen un coeficiente intelectual totalmente normal.

Trátase dun problema que sofre un de cada dez galegos e que non ten cura; pero si se pode tratar a través da logopedia. Temos con nós a Elena Rivas, logopeda.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/11/2018