CRTVG

Buscar

O 10 % dos galegos de entre 40 e 49 anos non recibiron aínda a primeira dose

Publicado o 26/08/2021 09:25

Máis de 64.000 persoas de entre 40 e 49 anos non recibion a primeira dose en Galicia. Foron chamados ata en cinco ocasións e non foi posible. As razóns son varias: teñen medo, están ilocalizables, negacionistas, pasaran a enfermidade e ata agora non se podían vacinar, por contraindicación médica ao padecer outras doenzas ou eran embarazadas que se negaban por falta de información. Dende o Sergas van seguir insistindo.

Hoxe é a segunda xornada de vacinación dos mozos de entre 14 e 16 anos en Pfizer. O luns e o martes recibían a primeira dose de Moderna os menores de 12 e 14. O obxectivo é que cheguen ao inicio de curso coa pauta completa. 

Noticias web

26/08/2021