CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O 10% dos clientes de prostíbulos detecta comercio de menores e non denuncia

Publicado o 19/02/2016 15:00


Un de cada cinco españois recoñece que pagou prostitutas o ano pasado. E un de cada dez usuarios detectou vítimas de tráfico de menores para a explotación sexual, pero ningún denunciou. Son datos dun estudo da Universidade de Comillas.


Un dez por cento dos clientes de prostíbulos detectan que as mulleres polas que pagan para manter sexo son vítimas dunha rede de tráfico de menores, pero non denuncian a situación. É unha das conclusións dunha investigación da Universidade de Comillas realizada por encargo da delegación do Goberno para a violencia machista.

Os autores do estudo sinalan que os clientes son os primeiros que poden dar a alerta, e lamenta que non o fagan. Admiten que non é fácil descubrir a trata, xa que a miudo as prostitutas non queren denunciar porque está ameazadas e temen que os tratantes danen as súas familias.
A prostitución, segundo o estudo, move máis cartos que o tráfico de armas e de drogas xuntos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí