CRTVG

Buscar

Dentro duns días os tests de saliva estarán dispoñibles nas boticas de toda Galicia

Publicado o 14/04/2021 17:15

As farmacias galegas prepáranse para comezar a realizar os cribados en saliva. As probas estarán dispoñibles en farmacias de toda Galicia e para toda a poboación en cuestión de días. 

Os galegos e as galaegas poderán acudir a unha botica para solicitar unha destas probas. Só hai que presentar a tarxeta sanitaria. É de balde e o resultado chega por mensaxe ao teléfono móbil antes de 72 horas. 

Polo de agora as probas PCR en saliva só estaban dispoñibles en boticas de Pontevedra e da Coruña. Nuns días poderemos conseguila en farmacias das catro provincias.

A Consellería de Sanidade traballa cos colexios de farmacéuticos para comezar canto antes con este cribado en toda a comunidade.

Noticias web

14/04/2021