CRTVG

Buscar

Nunha pastelería de Vigo exhíben unha mona de pascua de 200 quilos de chocolate

Publicado o 17/04/2019 19:33

Unha pastelería de Vigo exhibe unha mona de pascua confeccionada con 200 quilos de chocolate. O reto xa é unha tradición que remata cada domingo de Pascua co reparto do doce entre a súa clientela.

Nestas Pascuas do bum do chocolate vegano e dos doces saudables, nada menos que Spiderman fai o recibimento neste establecemento vigués, cuxa mona de chocolate xa é tradición desde hai quince anos nestas datas.

200 kg de chocolate dotan de consistencia a unha figura a tamaño real, que mide 1,80.

Coa escolla do Home Araña, este negocio familiar que xa vai pola segunda xeración, quere homenaxear aos heroes e heroínas de todos os días. Por iso, durante estes días, as súas redes sociais lembran persoas cercanas que melloran a súa contorna.

A tradición culmina o domingo de Pascua, cando a mona se rompe para repartir todo este chocolate entre a clientela do día.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/04/2019