Núñez Feijóo ve a Sánchez "encantado con Vox e coa situación actual"
En Ribadavia, con candidatos á alcaldía e o Senado, Alberto Núñez Feijóo dixo que dividir o voto beneficia a un Pedro Sánchez ao que ve encantado con Vox e Ciudadanos.
Alberto Nüñez Feijóo- Presidente do PPdeG: "Se dividimos o voto só lle van saír as contas a Sánchez. Todos eses votos sen escano de Vox e Ciudadanos, só benefician a Sánchez. Por iso Sánchez está encantado, encantado con Vox, con Ciudadanos e coa situación actual"
Afirma o líder do PPdeG que Galicia non lles vai votar aos que non a respectan. Alberto Nüñez Feijóo- Presidente do PPdeG: "Eu veño aquí a denunciar o maltrato a Galicia, e veño a reivindicar un respecto por este pobo que non lle faltou a ninguén. Que cumpla os seus compromisos, que non gasta máis do que ten e paga o que se debe. E por iso amigos non imos a votar a Sánchez porque non respecta o noso país"
O 28 de abril está en xogo a gobernabilidade de España sen pactos en contra da xente.