CRTVG

Buscar

Núñez Feijóo recoñece presións para recuncar como candidato

Publicado o 17/11/2019 13:55

O presidente da Xunta é hoxe protagonista en dúas portadas xornalísticas. En Faro de Vigo apunta a que será candidato á Xunta de novo e que tentará esgotar a lexislatura, unha decisión que el condiciona ao que faga o futuro Goberno español.

Faro destaca en portada estas declaracións: "Hai xente que me di que agora non teño máis remedio que presentarme". Ademais, salienta que lle vai propoñer ao Goberno que lle conceda un empréstito á Xunta pola contía que lle debe en concepto de IVE.

Núñez Feijóo tamén monopoliza a portada de ABC e sinala que "o PSOE debe parar esa coalición e dicirlle a Sánchez que chame a Casado".

O presidente da Xunta incide en que hai unha solución alternativa ao pacto dos socialistas con Pablo Iglesias.

Noticias web

17/11/2019